SER YO MISMA EN UN MUNDO QUE TRATA CONSTANTEMENTE DE HACERME DIFERENTE, ES UNO DE MIS GRANDES LOGROS.

sábado, 26 de febrero de 2011

Mi mami..

O Concello distingue co galardón Oito de Marzo a Ana Martínez, cofundadora da Asociación de Mulleres Amistad, e á cineasta local


O Concello distingue co galardón Oito de Marzo a Ana Martínez, cofundadora da Asociación de Mulleres Amistad, e á cineasta local Peque Varela

O alcalde, Vicente Irisarri, entregará os premios que recoñecen os méritos de mulleres a prol da igualdade no acto cidadá que se celebrará no Teatro Jofre o 6 de marzo. A concelleira María López avanza que na gala se dará protagonismo ás usuarias da Casa da Muller e a actuación estelar virá da man da cantante galega Rosa Cedrón

A concelleira de Muller, María López, avanzou que o terceiro galardón “Oito de Marzo”, co que o Concello de Ferrol quere recoñecer os méritos de mulleres ou entidades en calquera ámbito da sociedade a prol da igualdade, recaeu este ano, ao igual que na edición anterior, en dúas mulleres: a cofundadora da Asociación de Mulleres Amistad, de Santa Mariña, Ana María Martínez Naveira, e a cineasta ferrolá afincada en Londres, Peque Varela. Ambas as dúas recollerán de mans do alcalde, Vicente Irisarri, este premio no acto cidadán que se celebrará o vindeiro 6 de marzo ás 19.00 horas no Teatro Jofre con motivo do Día Internacional da Muller, que se conmemora o 8 de marzo.

Tesoreira da Asociación de Mulleres Amistad e cofundadora da mesma, Ana Martínez (Ferrol, 1945) foi distinguida polo labor desenvolvido nesta entidade, que traballa atendendo as demandas das mulleres e cunha estreita colaboración coa Concellería de Muller, especialmente tras a inauguración, hai máis de dous anos, da Casa da Muller. Xubilada desde o ano 2003 -tiña un quiosco no que vendía periódicos- destacou polo coidado de nenos e nenas do barrio, onde sempre está dispoñible para axudar a quen o necesita. Para ela, a Asociación Amistad supón a súa vida e, tal e como subliña, no inverno vive para ela. Unha entidade da que valora a disposición a colaborar das mulleres que forman parte da mesma.

Respecto á segunda premiada, Peque Varela (Ferrol, 1977), a edil María López destacou a súa profunda implicación a favor da igualdade que leva a cabo a través da súa profesión. Nesta liña, subliñou a súa traxectoria profesional no mundo do cine de animación. Aos 19 anos abandonou a súa cidade natal para licenciarse en Contemporany Media Practice na Universidade de Westminster (Gran Bretaña) e posteriormente licenciouse pola National Fil and Televisión School de Londres. A súa curta “1977”, de oito minutos de duración, foi seleccionada en 2008 polo Festival de Sundance, considerado como a meca do cine independente, entre un total de 82 curtas procedentes de todo o mundo no apartado de animación internacional. A curta foi gravada principalmente no barrio de Caranza, onde naceu, e nel a súa directora e guionista desenvolve experiencias que tivo de pequena sendo protagonista ela mesma, esa nena que medrou con desprecios pero conseguiu abandoar o rol que a sociedade prepara para a muller, segundo ela mesma recoñece. Así mesmo, en 2010 gravou “Gato encerrado”, un novo exemplo da súa particular maneira de entender o cinema de animación, que presenta como unha fábula de doce minutos sobre a sociedade contemporánea, onde os gatos con nove vidas teñen máis armas que os que veñen apenas con sete de recambio.

Ana Martínez e Peque Varela subiranse pois ao escenario do Teatro Jofre para recoller os seus respectivos galardóns “Oito de marzo” nun acto que presentará a actriz ferrolá Luma Gómez e no que, tal e como destacou a edil María López, o Concello quere darlle o maior protagonismo posible ás usuarias da Casa da Muller e ao traballo que levan a cabo durante todo o ano nestas instalacións municipais. Para iso, programáronse toda unha serie de actuacións que guiarán as expertas que imparten os talleres, centrados na música, no teatro e na palabra, principalmente.

Así mesmo, no transcurso da gala, as asistentes poderán visualizar a curtametraxe elaborada con motivo do 25 de novembro, Día contra a Violencia de Xénero, na que se recolle o percorrido realizado por un nutrido grupo de ferrolás seguindo unha das rutas de Ferrol en Femenino. A actuación estelar virá da man da cantante galega e intérprete de violonchelo Rosa Cedrón, a voz durante nove anos do grupo Luar na Lubre, que colaborou en discos de músicos como Mike Oldfield -no ano 2005 deixou a formación e a partir dese momento se adica á súa carreira en solitario, publicando o seu primeiro disco, “Entre dous mares”, en 2007-.

No hay comentarios:

Publicar un comentario